Actividades

As actividades que se poden realizar e a que poden acollerse as axudas que convocará a Consellería do Mar son dunha dobre natureza:

  • Investimento produtivo: actividades que deben favorecer unha actividade de lucro potencial para o promotor do proxecto. En xeral, poderían identificarse con proxectos de orientación empresarial ou profesional e que, por tanto, deberían proporcionar unha autosuficiencia económico-financeira a longo prazo.Neste caso poderían chegar ata unha subvención do 60% do seu investimento.
  • Investimento non produtivo: os que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectos a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate. Neste caso o elemento determinante do proxecto é a súa rendibilidade social. Neste caso poderían chegar ata unha subvención máxima do 100% do seu investimento.

Estas acción serán valoradas por cada Grupo de Acción  Costeira (de acordo cunha serie de criterios que serán explícitos xa que se amosarán nos Plans Estratéxicos Zonais que cada GAC defina para o seu territorio). Tanto os criterios  como os baremos de valoración dos proxectos serán libremente establecidos por cada GAC no seu PEZ, respectando en todo caso o disposto nas Ordes da Consellería do Mar e o obxectivos do Eixe 4 do FEP. Cada grupo, á hora de establecelos, deberá darlles especial importancia ás peculiaridades da súa zona.

Os criterios dividirémolos nos que son aplicables a calquera proxecto e aqueloutros que se aplican complementariamente aos anteriores para os proxectos produtivos.