Presentar un proxecto

Os proxectos deben coincidir coa finalidade e a coherencia coas medidas subvencionables no Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca:

 

1)      Consolidar a competitividade das zonas de pesca.

2)      Reestruturar e reorientar as actividades económicas, en particular a través de promoción do turismo ecolóxico, sempre e cando estas actividades non dean lugar a un aumento do esforzo pesqueiro.

3)      Diversificar as actividades de promoción da pluriactividade dos pescadores.

4)      Ofrecer valor engadido aos produtos da pesca

5)      Protexer o medio natural nas zonas de pesca, a fin de manter o seu atractivo, rexenerar e desenvolver as aldeas e vilas costeiras con actividade pesqueira e protexer e mellorar o seu patrimonio natural e arquitectónico.

6)      Restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro afectado por catástrofes naturais ou industriais.

7)      Promover a cooperación interregional e transnacional entre grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de redes e a difusión de boas prácticas;

8)      Adquirir competencias e facilitar a preparación e aplicación da estratexia de desenvolvemento local.

9)      Contribuír a sufragar os gastos de funcionamento dos grupos.

 

Os proxectos serán baremados segundo os criterios que cada GAC defina para o seu territorio. Proximamente poderá acceder aos criterios de valoración de proxectos produtivos e improdutivos de cada zona.