Os investimentos para os que se solicita a axuda non poderán estar iniciados antes da solicitude da subvención.
O investimento debese corresponder con accións elixibles ou subvencionables segundo o disposto no Regulamento (CE) nº. 1198/2006 do Consello do 27 de xullo de 2006 relativo ao Fondo Europeo de Pesca e a súa normativa de aplicación e desenvolvemento, así como na Orde que desenvolverá as bases reguladoras da concesión de axudas.
Concretamente, non serán subvencionables:
-
O IVE cando sexa efectivamente recuperable.
-
Os xuros debedores e outros gastos financeiros.
-
A adquisición de terreos por un custo superior ao 10% do total dos gastos subvencionables.
-
A vivenda.
-
Os vehículos destinados ao transporte de persoas.
-
As compras de materiais e equipos usados.
-
Os investimentos relacionados con produtos da pesca e da acuicultura destinados a ser utilizados e transformados para fins distintos do consumo humano, excepto os investimentos destinados exclusivamente ao tratamento, transformación e comercialización de residuos de produtos da pesca e da acuicultura.
-
Os gastos orixinados por unha mera reposición de anteriores, salvo que a nova adquisición corresponda a investimentos distintos aos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento
-
Os gastos de constitución e primeiro establecemento dunha sociedade.
-
As obras non vinculadas co proxecto de inversión vivendas, comedores ou similares.
-
A urbanización que non estea relacionada coa actividade do proxecto que se pretende financiar.
-
Os pagos en especie.
