Actuacións non produtivas

O segundo tipo de proxectos aos que se poden presentar para a solicitude de axudas que convoque a Consellería do Mar, son os proxectos non produtivos:

 

 

Os nnvestimentos non produtivos, son aqueles que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectos a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate. Neste caso o elemento determinante do proxecto é a súa rendibilidade social. Neste caso poderían chegar ata unha subvención máxima do 100% do seu investimento.

 

Neste caso o elemento determinante do proxecto é a súa rendibilidade social.