O programa | Grupos de Acción Costeira | Presentar un proxecto | Documentos | Actualidade | Ligazóns |
A continuación pode vostede descargar a Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estructurais 2007-2013 en Galicia. O Fondo Europeo de Pesca non é un fondo estructural polo que esta guía ten unha finalidade meramente orientativa con respecto ao Fondo Europeo de Pesca, ao que se aplica as normas previstas no Regulamento 1198/2006 do FEP e o Regulamento 498/2006 de aplicación.
A Guía está en castelán pero en proximas datas xa estará dispoñible en galego.
Para a elaboración desta guía tivéronse en conta as actividades cotiás do persoal ao servizo de entidades e organismos como os Grupos de Acción Costeira, describindo en que medida estas actividades poden estar condicionadas polas directrices e principios establecidos pola LOPD.
Ésta Guía da Candidatura dos Grupos de Acción Costeira é unha ferramenta básica de consulta que recolle toda a documentación e información necesaria para a correcta presentación das candidaturas e o cumprimento dos requisitos necesarios para levar a cabo as actuacións para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca do litoral de Galicia
Pode descargar a Guía da Candidatura premendo na seguinte ligazón:
A presente guía quere ser un manual, eminentemente práctico, para as persoas, físicas ou xurídicas, que desexen solicitar, como promotores/as de proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais (PEZ) de cada zona pesqueira, as axudas convocadas pola Consellería do Mar no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca (FEP) 2007-2013.