Normativa Autonómica

Normativa en materia de indemnizacións por asistencia a órganos de goberno do GAC

En relación ás indemnizacións pola asistencia aos órganos de goberno do GAC, cando así este prevista nos Estatutos do grupo, debense aplicar os importes que establece o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño) sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración Autonómica de Galicia (DOG nº 122, do 25 de xuño) na súa actualización feita polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2005 (DOG nº250, do 30 de decembro) e de 20 de xuño de 2008.

Modificación da Lei de Pesca de Galicia

Hoxe se publicou no Diario Oficial de Galicia a Lei 6/2009, do 11 de decembro, pola que se modifica a Lei 11/2008, de 3 de decembro, de Pesca de Galicia.

 

Anteproxecto de Lei de Modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de Pesca de Galicia (V-15/07/09)

Rosa Quintana presentou o documento aos diferentes axentes do sector para que emitan as súas consideracións,  que poderán ser incorporadas no texto final.

A Consellería solicitou dos membros do Consello Galego de Pesca a súa colaboración para conseguir ter lista a proposta final de modificación da Lei no vindeiro mes de setembro.

Entre as modificacións recollidas neste documento figuran a reforma do cómputo do período concesional das bateas, a recuperación da figura do permex, e restablécese un maior protagonismo das Confrarías.

Modificación da Lei 11/2008, de Pesca de Galicia

Pode descargar a nova Lei 1/2009, do 15 de xuño, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, premendo no seguinte enlace.

Decreto 132/2006 Creación dos Rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións administrativas

Decreto 132/2006 Creación dos Rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións administrativas

Decreto 11/2009, Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.