Para a elaboración desta guía tivéronse en conta as actividades cotiás do persoal ao servizo de entidades e organismos como os Grupos de Acción Costeira, describindo en que medida estas actividades poden estar condicionadas polas directrices e principios establecidos pola LOPD.
Esta guía práctica ten como obxectivo facilitar o cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos, en particular a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.
Prema nos seguintes enlaces para descargar esta guía en galego ou en castelán.