O programa | Grupos de Acción Costeira | Presentar un proxecto | Documentos | Actualidade | Ligazóns |
Orde do 17 de novembro de 2009 da Consellería do Mar, pola que se amplía o crédito orzamentario da Orde do 17 de abril de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, financiadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2009.
Orde do 20 de outubro de 2009 da Consellería do Mar pola que se amplía o importe global máximo para a concesión de axudas a proxectos colectivos.
Recentemente aprobouse por Orde do 4 de setembro de 2009, as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para formación do persoal especialista en temas de investigación mariña, correspondentes ao Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
Pode descargar o texto da Orde premendo no enlace.
Orde do 16 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para estudos náutico e marítimo-pesqueiros para o curso académico 2008-2009, e se procede á súa convocatoria.
A continuación xuntase un enlace para a súa descarga.
Orde do 16 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas económicas
para a realización de formación práctica en empresas, destinada a alumnos/as de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica de centros dependentes da Consellería do Mar.
A continuación xuntase un enlace para a súa descarga.
CONSELLERÍA DO MAR
Orde do 2 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión de axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e no sector pesqueiro no bienio 2009-2010.
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Orde do 17 de abril de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, financiadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2009.
Faga click aquí, para ver o contido da Orde publicada no Diario Oficial de Galicia.
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Corrección de erros.- Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros e selectividade cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca.
Faga click aquí para ver o contido da Corrección de Erros publicada no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 26 de marzo de 2009 pola que se modifica a Orde do 26 de outubro de 2004 pola que se regula a alternancia de artes para embarcacións que faenen en augas da Comunidade Autónoma de Galicia.